Shadowrun: Hong Kong supera os 1,2 millóns de dólares en Kickstarter
mércores, 18 de febreiro do 2015
Tras o éxito de Shadowrun Returns e Shadowrun: Dragonfall- Director’s
Cut, Rebrained Schemes quixo repetir a xogada con Shadowrun:
Hong Kong, un xogo de rol táctil con ambientación cyberpunk situado no Hong Kong de 2056, nun mundo no que, aparte de
tecnoloxÃa, tamén hai maxia, o que facilita a mestura de numerosos elementos
fantásticos xunto cos habituais referentes culturais do inframundo hongkonés
(poboado por distintas bandas criminais).
Este xogo serÃa un tÃtulo na liña dos anteriores, de xeito que teriamos un
forte argumento guiando a acción, con grandes personaxes con distintas
personalidades, e un combate táctico por quendas realmente desafiante.
Estas
fórmulas parecÃan máis que suficiente para garantir un bo xogo, pero dende o
estudio responsable consideraron que precisaban dun orzamento superior ao que
tiñan, e precisaban dun pequeno pulo para mellorar este tÃtulo previsto para
mediados de ano, e optaron por dar
o salto a Kickstarter, para conseguir superar novos obxectivos que partÃan dos
100.000 dólares e que, grazas ao apoio masivo dos seus seareiros,
conseguiron ir superando un a un, o que permitirá que o xogo final conte con
numerosas melloras e contidos adicionais, controis mellorados e incluso unha
nova campaña de 4-5 horas. Temos asà que un tÃtulo que perseguÃa recadar
100.000 dólares para poder mellorar o seu sistema de control, finalmente chegou
aos 1,2 millóns de dólares, superando todas as expectativas, grazas ao apoio de
31.497 mecenas que facilitarán que antes de rematar o ano Shadowrun: Hong Kong vexa a luz como un xogo que non só estea a
altura dos seus predecesores, senón que incluso supoña unha mellora substancial
e que posiblemente consiga unha visibilidade bastante maior grazas ao éxito da
súa campaña de micromecenado.
- O novo xogo continuará o camiño marcado por Shadowrun: Dragonfall