Sharp lanza un dicionario electrónico con funcións multimedia

mércores, 30 de abril do 2008 Marcus Fernández

Sharp vén de presentar en Corea un curioso dicionario electrónico que fai á vez de reprodutor multimedia portátil, o RD-CX300, que cun disco de 30 Gb de capacidade, unha pantalla LCD de 4,3 polgadas, soporte de vídeo en WMV9, MPEG-4 e DivX e de audio MP3 e WMA, sintonizadora de radio FM, gravadora de voz e teclado, permite a consulta de 82 dicionarios (incluíndo inglés, xaponés, chinés, español e coreano). Tamén inclúe 20 audio-libros de regalo e o seu prezo de venda é de 398.000 wons surcoreanos (254,87 euros).
Este tipo de dispositivo supón unha revolución para os dicionarios, pois non só permite consultar definicións, senón que achega a pronunciación ao usuario e a través de distintos contidos audiovisuais se pode converter en toda unha ferramenta para o estudio de idiomas.

PUBLICIDADE