Sharp presenta un módulo de cámara 3D para dispositivos móbiles

mércores, 12 de maio do 2010 Marcus Fernández

Parece claro que 2010 é o ano das 3D, pero a súa implantación no ámbito doméstico aínda é unha incógnita, o que non impide que moitos fabricantes tomen posicións, e así Sharp, compañía con grande confianza nesta tecnoloxía, presentou o que segundo eles sería o primeiro módulo de cámara 3D para integrar en dispositivos móbiles, de xeito que poderían utilizalo teléfonos móbiles e consolas de videoxogos portátiles.
O módulo facilitará a toma tanto de imaxes coma de vídeo (a 720p) en 3D, e en xullo comezarán a remitir unidades para a súa análise por parte de fabricantes que poidan estar interesados en integrar esta tecnoloxía, de xeito que esperan ser capaces de iniciar a produción en masa do trebello durante este mesmo ano.

PUBLICIDADE