Shine 2, un monitor de actividade elegante con LED de cores

xoves, 22 de outubro do 2015 Marcus Fernández

O Shine 2 pode vestirse como un reloxo de pulso ou incluso levarse pendurado (ou enganchado ao calzado deportivo)

Misfit continúa a mellorar os seus monitores de actividade, que co Shine 2 chegan a unha nova xeración, equipando un pequeno disco que pode levarse de distintos xeitos enriba (sendo o máis habitual empregar unha correa de reloxo) cun acelerómetro de 3 eixes e, como novidade, un magnetómetro de 3 eixes, o que facilita que rexistrar tanto a actividade deportiva como a calidade do sono, podendo aproveitarse este accesorio para notificarnos mediante unha vibración da recepción dunha chamada telefónica ou dunha mensaxe de texto (comunicándose co móbil por Bluetooth 4.1).
O Shine 2 destaca por non ser presentar na súa esfera 12 LED (que poden adoptar calquera cor) dispostas ao seu redor e que poden verse incluso baixo a luz solar, e que a través de distintas animacións e cores conseguen motivarnos durante a práctica deportiva (xa que indicaría o que nos falta para superar os obxectivos establecidos) ou advertirnos de notificacións. Amais, o panel é táctil, o que facilita a interacción do dispositivo e incluso podería aproveitarse para controlar a reprodución de contidos multimedia no móbil ou para disparar fotografías da cámara do mesmo a xeito de mando a distancia.
Este accesorio conta cun corpo de aluminio de grande resistencia, é resistente á auga (até 50 metros) e a súa batería dura até 6 meses, converténdose así nun produto moi atractivo, que sairá á venda en novembro a un prezo de 99,99 dólares en dúas cores distintas (negro carbón ou rosa dourado).

O Shine 2 pode sincronizarse co móbil, para consultar as estatísticas da nosa actividade física e para recibir notificacións do móbil no accesorio
O Shine 2 ten un deseño modular

Vídeo de presentación do Shine 2

PUBLICIDADE