Silent Hill 2 traerá de volta a terrorífica franquía de Konami

xoves, 20 de outubro do 2022 Marcus Fernández

Konami prepara o regreso da franquía Silent Hill, polo que anunciaron que están a preparar varios xogos que marcarán o retorno desta saga terrorífica que, para ir preparando o terreo contará cunha revisión de Silent Hill 2, título no que está a traballar Bloober Team coa colaboración dos creadores orixinais (incluíndo a Akira Yamaoka e Masahiro Ito) para manter a esencia única desta marca, que mudará en detalles como unha perspectiva (situando a cámara por enriba do ombro buscan somerxer máis ao xogador neste mundo irreal e ofrecer unha experiencia máis visceral).
Estamos ante un xogo que saíu hai 21 anos para PlayStation 2, polo que a tecnoloxía evolucionou moito en todos estes anos, de aí que a revisión de Silent Hill 2 estea a ser creado tirando proveito das posibilidades de Unreal Engine 5, dando un importante salto a nivel visual, auditivo e sensorial, cun elevado nivel de detalle (para o que incluso empregaron captura de movemento para unhas expresións faciais realistas) e unha iluminación dinámica que dota de grande realismo a un xogo que pretende atraer tanto a fieis da franquía como a xogadores que aínda non a coñecen.

PUBLICIDADE