SimCity estréase con moitos problemas nos EE.UU.
mércores, 6 de marzo do 2013
O xogo SimCity chegou este martes aos EE.UU., e como acontece en moitas ocasións con
lanzamentos tan agardados, as primeiras horas están a resultar todo un pesadelo,
con problemas para descargar o tÃtulo e grandes colas para poder xogar,
deixando en evidencia aos servidores da plataforma Origin, que non foron quen
de soportar tal carga, polo que dende Electronic Arts non fan máis que
desculparse polas incidencias e asegurar que están a pór
todos os medios posibles para que cando este xoves chegue o xogo a Europa estea
todo arranxado, e non se estrague a estrea deste xogo que recupera unha
franquÃa moi prezada.
Os problemas co xogo proveñen en boa medida do feito de que SimCity precise de conexión á Rede para
xogar, pois estamos ante un xogo que conta con moitas funcionalidades sociais,
permitindo competir cos amigos e incluso colaborar, levando a experiencia
orixinal de SimCity aos tempos
actuais, pero tendo que afrontar os colapsos tÃpicos dun xogo tan masivo (como
aconteceu o ano pasado con Diablo III,
xogo que durante os primeiros dÃas parecÃa coleccionar incidencias). Unha vez
máis demóstrase que as infraestruturas de rede para o xogo en liña teñen moito
que mellorar, para poder garantir unha boa experiencia para o usuario, e non
frustrar ao público máis valioso (os usuarios fieis que reservan o xogo antes
do seu lanzamento ou adquÃreno os primeiros dÃas), que en boa medida será o que
prescriba o xogo a outros usuarios, polo que un mal comezo pode ter graves
consecuencias.