Simplifi permite aos maqueiros ter máis organizados os seus escritorios

martes, 30 de setembro do 2008 Marcus Fernández

Griffin Technology quere que os usuarios de Macs teñan máis organizados os seus escritorios, polo que lanzan un dispositivo acorde coa estética dos ordenadores de Apple no que incorporan unha base de sincronización e carga para o iPod/iPhone, un lector de tarxetas de memoria (MS, MS Pro, SD, SDHC, xD e CompactFlash) e un concentrador de 2 portos USB 2.0 (que de usarse precisa que se faga uso dun adaptador de corrente incluído).
Este trebello responde ao nome de Simplifi e se vende a 69,99 dólares (uns 48,30 euros), polo que semella ser todo un luxo.

PUBLICIDADE