Simyo estrea na súa tenda un router 5G
luns, 13 de xaneiro do 2025
Para os usuarios que desexen gozar de conexión á Rede a través de Wi-Fi ou Gigabit Ethernet en case calquera lugar, sen precisar de instalación, os operadores de telecomunicacións ofrecen routers Wi-Fi que tiran proveito da conectividade móbil e, no caso de Simyo, até o momento só podÃan conectarse a través de 4G, pero veñen de cambiar a situación coa incorporación na súa tenda do router Zowee Flybox 5G H153-381.
Falamos dun router que se conecta a Internet a través de 5G (introducindo no seu interior unha tarxeta nano-SIM) a velocidades de até 3,6 Gbps de descarga e 500 Mbps de subida, que a través de Wi-Fi 6 e Gigabit Ethernet permite compartir esa conexión con até 128 dispositivos.
Estamos ante unha opción interesante para quen desexe un router móbil con perspectiva de futuro, en contraste cos routers 4G de Alcatel e Huawei que venden actualmente por 36 e 54 euros respectivamente. O novo router de Zowee pode adquirirse por un único pago de 120 euros ou 30 prazos de 4 euros.