SingStar engadirá baile e guitarra en 2 novos títulos

mércores, 30 de xuño do 2010 Marcus Fernández

A sobresaturación de xogos musicais en 2009 provocou unha tempada de seca que vai rematar de vez, e a segunda metade do ano parece que vai estar repleta de títulos deste tipo, aínda que a moitos sorprenderá que a competencia vaia endurecerse pois, ao igual que os xogos tipo Guitar Hero incorporasen micrófonos para competir cos xogos de karaoke, agora son estes últimos os que incorporan guitarras, e Sony confirma que está a traballar no SingStar Guitar, que funcionará con calquera das guitarras compatibles coa PS3.
Pero este non será o único xogo novo da franquía musical de Sony, senón que tamén preparan para finais de ano o SingStar Dance, xogo que permitirá que mentres 1 ou 2 xogadores canten, outros 2 poidan acompañalos facendo coreografías que quedarán rexistradas a través de PlayStation Move e PlayStation Eye, toda unha evolución dun xogo que apenas mudou dende o seu nacemento na PS2 en 2004, e que agora reinvéntase dun xeito que promete unha maior compoñente social, que foi sempre a fórmula do seu éxito.

PUBLICIDADE