SingStar incorporará novas funcións en xuño

martes, 27 de abril do 2010 Marcus Fernández

A PSP permite elaborar listaxes de reprodución para o SingStar de PS3

Periodicamente o xogo para PlayStation 3 SingStar recibe novas cancións descargables no seu catálogo, pero o que é o xogo en si permanece bastante fiel ás súas primeiras versión, pero en xuño contará cunha importante actualización que incluirá un modo de Batalla Online, a función SingStar Remote (que permitirá a conexión a SingStar a través dunha consola PSP durante unha sesión de xogo e crear listaxes de reprodución de máis de 20 cancións, proceso que pode realizarse mentres outra persoa canta, o que permite programar unha festa continua, xa que para elixir novas cancións a interpretar non é preciso parar a partida) e melloras na información sobre a nosa interpretación.
Tamén expanden os Clubs SingStar ata os 1.000 membros, permitindo a participación ata en 5 clubs, e modifican a SingStore para permitir ver vídeos de usuarios nas galerías da comunidade dende as cancións na tenda de descargas, entre outros detalles.

A PSP completará a experiencia do xogo

PUBLICIDADE