Skiff Reader, o lector de e-books con pantalla flexible de 11,5 polgadas

martes, 5 de xaneiro do 2010 Marcus Fernández

Os lectores de libros electrónicos non pasarán desapercibidos esta semana no CES de Las Vegas, resultando moi interesante o Skiff Reader que conta cunha pantalla táctil de 11,5 polgadas e unha resolución de 1.200 x 1.600 píxeles, de xeito que sería máis apto para a lectura de xornais que os dispositivos actuais.
O Skiff Reader mide 228,6 x 279,4 x 6,8 milímetros, pesa 498 gramos, funciona cunha pantalla TFT flexible e moi resistente, a súa batería cárgase en entre 2 e 3 horas e permitiríalle operar practicamente unha semana enteira, contaría con conectividade Wi-Fi, 3G e USB 2.0, a súa capacidade de almacenamento interno sería de 4 Gb e podería ampliarse a súa memoria a través de tarxetas SDHC 2.0. Tamén conta con altofalante e toma para auriculares.

A pantalla do dispositivo está feito dun substracto flexible de aceiro inoxidable

PUBLICIDADE