Snap presenta a terceira xeración das súas Spectacles
mércores, 14 de agosto do 2019
As Spectacles de Snap Inc. continúan a ser un rotundo
fracaso comercial, o que non impide que continúen a renovar o seu produto, de
xeito que xa poden reservarse as Spectacles
3, que apostan pola integración de 2 cámaras para facilitar unha visión
tridimensional do mundo, ou sexa, que o efecto de fotografÃas 3D que cada vez
está máis presente en Facebook chega a Snapchat baixo o nome de Snaps 3D.
As cámaras HD duais integradas nas lentes de Snap tamén permiten gravar vÃdeos
en 3D, e a súa montura metálica lixeira tamén é un interesante elemento que
engade atractivo a este produto que chegará no outono a un prezo de 370 euros,
ou sexa, que non só as novas lentes son moito máis caras que as anteriores (á
venda por entre 175 e 230 euros), senón que chegan nun momento moito peor, xa
que o lóxico serÃa lanzar as lentes antes do verán, e non xusto despois. A
diferenza de prezo non só estarÃa provocada polo feito de contar cunha dobre
cámara, senón tamén por incluÃr un estoxo de carga (que pode cargar até 4 veces
as lentes).
O efecto tridimensional das Spectacles 3 non se limita a xerar imaxes con
percepción de profundidade, senón que tamén é posible engadir efectos gráficos
en realidade aumentada e adhesivos ás imaxes e vÃdeos creados, conseguindo asà orixinais
efectos que por desgraza están ligados a un servizo moi concreto (Snapchat), e
que non parecen ofrecer moito máis do que xa teñen, por exemplo, as historias
de Instagram, polo que resulta difÃcil xustificar o investimento de 370 euros
nun trebello que semella limitarse a chamar a atención nun primeiro momento.
VÃdeo promocional das Spectacles 3