Snapchat renova as súas lentes con cámara de cara ao verán
xoves, 26 de abril do 2018
Dende Snap Inc. ousaron a comercializar unhas lentes con
cámara para publicar contidos en Snapchat, as Spectacles, que tiveron un modelo
de distribución que buscaba captar a atención do público, pero que na práctica
conseguir converterse nun grande atranco, de xeito que finalmente acumuláronse
centos de milleiros de Spectacles sen vender, provocando grandes perdas
para a compañÃa que, en vez de recoñecer o fracaso, recunca cun novo modelo das
lentes, que desta volta xa conta con distribución internacional e que mellora
en prestacións á vez que sube de prezo.
As novas Spectacles
poderanse mercar a partires do 3 de maio por 174,99 euros (o modelo anterior custaba 149,99 euros)
pero en contraprestación incrementa a resolución dos vÃdeos capturados, permite
disparar fotografÃas, reduce o tamaño da súa baterÃa mantendo autonomÃa (dabondo
para gravar até 70 vÃdeos cunha carga) e inclúe resistencia á auga (co que buscan
principalmente animar aos usuarios a empregar este accesorios nas súas
actividades de verán).
Estas novas lentes con cámara pesan 45,4 gramos, integra micrófono dual e
cámara cun ángulo de visión de 105 graos, apertura f/2.2, resolución
fotográfica de 1.642 x 1.642 pÃxeles e resolución de vÃdeo de 1.216 x 1.216
pÃxeles (a 60 cadros por segundo). Integra unha memoria de 4 GB na que poden
almacenarse até 150 vÃdeos e 3.000 fotos e inclúe conectividade Wi-Fi AC e
Bluetooth 4.0 para poder comunicarse co smartphone, e asà poder transmitir os
seus contidos ao teléfono para a súa publicación en Snapchat nun formato curioso,
xa que o rexistro das imaxes é circular, buscando asà que o teléfono poida colocarse
en vertical ou horizontal sen amosar franxas negras superiores ou laterais
durante a visualización.
A carga das Spectacles realÃzase no seu estoxo, e esta nova versión contrólase
a través dun botón que, cunha pulsación prolongada dispara unha fotografÃa,
mentres que cun toque grava un vÃdeo de 10 segundos, podendo realizarse toques
sucesivos até completar os 30 segundos de gravación.
O produto mellora considerablemente fronte á anterior xeración, pero queda por
ver se o rexeitamento do público a ser gravado e a cada vez menor relevancia de
Snapchat farán que volva repetirse o fracaso das Spectables ou conseguirán
finalmente atopar un público que goce deste tipo de accesorio.
- As Spectacles pódense mercar en varias cores
VÃdeo promocional das novas Spectacles