Software libre para loitar contra a piratería de programas
mércores, 1 de abril do 2009
Non pasaron nin dúas horas dende que o Ministerio de
Industria, Turismo e Comercio presentara en Madrid a II Campaña de Software
Legal, nova da que demos conta ao detalle neste mesmo sitio, cando a federación
empresarial Asociacións de Software Libre
Federadas (ASOLIF) xa veñen de pronunciarse ao respecto cunha nota
advertindo do seu descontento.
Segundo esta entidade, “a
campaña deixa fora ao sector do software libre”, razón pola cal, a
devandita asociación mostra a súa insatisfacción, pese a mostrarse favorable á
concienciación da cidadanía no emprego de software legal fronte ao software
pirata.
Asemade, ASOLIF valora negativamente a súa ausencia na
campaña, “mentres outros colectivos do
sector TIC aparecen nomeados” e reclaman a promoción do software libre como
“o modo máis eficiente para reducira
piratería de programas informáticos”.
A entidade asegura, a favor do software libre, que este tipo
de ferramentas “favorecen a
competitividade e a innovación”, polo que justifican a súa promoción “pola súa alta rendabilidade”.
Os responsables da entidade continúan o comunicado
asegurando que “usar, desenvolver, copiar
e distribuir software libre favorce un mercado de reglas transparentes”.