Sol Cresta será unha realidade o 22 de febreiro

luns, 24 de xaneiro do 2022 Marcus Fernández

A primeiros dos anos 80, un dos xogos de naves de referencia nos salóns recreativos era Moon Cresta, que diferenciábase do resto por comezar cunha pequena que podía ir ampliándose para pasar de 1 disparo até a 5 disparos á vez, mecánica que conservaría a súa secuela Terra Cresta, que chegou ao mercado en 1985.
Este último xogo foi adaptándose a distintas plataformas ao longo do tempo, pasando os seus dereitos a Hamster, compañía que estaría a colaborar con PlatinumGames para facer realidade unha nova entrega da saga, Sol Cresta, que a pasada fin de semana anunciouse que verá a luz o vindeiro 22 de febreiro en versións para Nintendo Switch, PlayStation 4 e PC (Steam), algo que sorprenderá a moitos que escoitaran falar deste desenvolvemento como unha broma do Primeiro de Abril de 2020.
O xogo manterá a esencia da saga, permitindo pilotar 3 naves e explorar todo o sistema solar shot’em up de desprazamento vertical clásico, que tira da nostalxia até no apartado musical (que corre a cargo do compositor chiptune Yuzo Koshiro).

Vídeo no que anunciaron a data de lanzamento de Sol Cresta

PUBLICIDADE