SolidRun permite correr Android e Linux nun mini-ordenador de só 45 dólares

mércores, 4 de setembro do 2013 Marcus Fernández

As tecnoloxías desenvolvidas para smartphones e tablets poden empregarse tamén para facer ordenadores de pequenas dimensións, e como bo exemplo dixo temos agora novos integrantes da familia CuBox-i de SolidRun, que encerran nun cubo de 5 x 5 x 5 centímetros un procesador ARM, memoria e portos de comunicación de xeito que poden comportarse como un ordenador completo tanto con Android 4.2.2 coma con Linux, resultando ideal como un ordenador compacto e mesmo como Media Center (é compatible coa aplicación XBMC).
O CuBox-i1 é o modelo máis básico deste novo dispositivo, equipado cun procesador dun núcleo e cun prezo de só 45 dólares; estando tamén dispoñibles os modelos CuBox-i2, CuBox-i2ultra e CuBox-i4pro, que integran procesadores Freescale i.MX6 de 2 e 4 núcleos a velocidades de ata 1,2 GHz (o modelo máis potente custaría 119 dólares).
Os novos CuBox-i poden funcionar con ata 2 Gb de RAM, inclúen saída HDMI a 1.080p (con decodificación de vídeo por hardware), gráfica compatible con OpenGL|ES 2.0, Gigabit Ethernet, 2 portos USB 2.0, eSATA a 3 Gbpa, infravermellos, saída óptica de audio, lector de tarxetas microSD (para o sistema operativo), Wi-Fi N e Bluetooth, prestacións máis que suficientes para usos ofimáticos, navegar pola web ou reproducir contidos multimedia.

Táboa comparativa dos distintos modelos de CuBox-i

PUBLICIDADE