Sonic 4 chegará en varias versións durante outubro

martes, 28 de setembro do 2010 Marcus Fernández

A popular mascota de SEGA xa ten data para volver ás súas raíces, de xeito que Sonic the Hedgehog 4: Episode 1, a recuperación desta saga en formato descargable, chegará en primicia á App Store para terminais de Apple (a un prezo por determinar) o vindeiro 7 de outubro, mentres que o 13 de outubro chegará á PlayStation Network e ao Bazar de Xbox LIVE Arcade por 12,99 euros e 1.200 puntos (14,4 euros) respectivamente, quedando para o último posto a versión para Wii, que poderá descargarse a partir do 15 de outubro por 1.500 Wii Points (15 euros).
Esta nova entrega devolve a Sonic a unha mecánica de xogo 2D aínda que cuns gráficos cunha lixeira aparencia tridimensional, buscando en todo momento satisfacer aos xogadores das primeiras entregas do ourizo azul, aínda que a fórmula elixida para a súa comercialización (episodios descargables) é toda unha incógnita, descoñecéndose as datas e os prezos que terán o resto de episodios de Sonic 4, título que promete ser o Sonic bo despois de numerosas desfeitas (coma un Sonic-lobishome en Sonic Unleashed) que non deixaban quedar ao protagonista da saga en bo lugar.


O último trailer de Sony 4 amosa parts do xogo

PUBLICIDADE