Sonic CD terá versión para Xbox LIVE Arcade

martes, 23 de agosto do 2011 Marcus Fernández

Entre os días 26 e 28 deste mes vai celebrarse o PAX Prime, un evento que terá lugar no Washington State Convention & Trade Center de Seatle, e que serve para que moitas compañías de videoxogos amosen algunhas das súas novidades, como Microsoft, que dará conta de moitos dos lanzamentos que estarán dispoñible nos vindeiros meses para a Xbox 360, entre os que adiantou unha serie de títulos para Xbox LIVE Arcade como Trials Evolution, Skulls of the Shogun, Crimson Alliance, Splatters, Orcs Must Die, Ms. Splosion Man, Retro City Rampage, War of the Worlds, Trine 2 e, moi especialmente, Sonic CD, un clasicazo de SEGA que estaba dispoñible en soporte MegaCD en 1993 e que foi todo unha obra mestra pese a que a súa plataforma fracasase rotundamente.
O xogo xa se levara ao PC en 1996, e incluíuse en 2005 dentro do recompilatorio Sonic Gems Collection para PS2 e GameCube, pero agora será a primeira vez que chegue a consolas de alta definición en formato descargable, no que é de agardar que sexa a mellor revisión deste título.


Así de ben lucía o vídeo de entrada de Sonic CD

Portada que tiña o xogo orixinal en España

PUBLICIDADE