Sonic Jump chega finalmente a Android

venres, 21 de decembro do 2012 Marcus Fernández

Tras o seu paso por iOS, hoxe estréase en Android o xogo Sonic Jump, que adopta unha fórmula de xogos de desprazamento vertical sen volta atrás como Doodle Jump ou Abduction, pero con personaxes, obxectos, escenarios e mesmo historias propias da franquía do ourizo cacho azul de SEGA. Este xogo está xa á venda en Google Play por 1,82 euros, e permite xogar con personaxes como Sonic, Tails e Knuckes (con habilidades exclusivas cada un), mundos incribles (dende a clásica Zona Green Hill ata novos mundos), un modo historia con 48 niveis que superar para deter ao malvado Dr. Robotnik, tendo que derrotar a varios xefes finais no camiño.
Para engadir diversión a este título móbil podemos gozar do modo Arcade (cun mapa infinito), que conta coa posibilidade de competir cos nosos amigos para acadar a mellor puntuación nos marcadores que se comparten en liña.
O xogo recibirá máis personaxes e mundos de balde en futuras actualizacións que xa están a desenvolver.

PUBLICIDADE