Sonic & SEGA All-Star Racing estrea demo para Xbox 360 e PS3

venres, 19 de febreiro do 2010 Marcus Fernández

O xogo Sonic & SEGA All-Star Racing estreou hoxe versión de demostración descargable de balde tanto para a PlayStation 3 como para a Xbox 360, que permite botar unha ollada á acción deste título no que Sonic e os seus amigos de SEGA realizan unha emocionante carreira na que esquivan armas, utilizan trucos, derrapan, buscan atallos e intenta controlar os movementos dos seus rápidos vehículos, sorprendendo o feito de que as demostracións das mencionadas consolas contan con diferentes pistas.
O xogo chegará ás tendas españolas o vindeiro día 26 para Xbox 360, PS3, Wii, PC e Nintendo DS, e aínda que non deixa de parecer un sucedáneo do Mario Kart, o feito de que Mario & Sonic en los Juegos Olímpicos de Invierno superase en todo o mundo os 6 millóns de copias dá a entender que algúns personaxes continúan a vender ben pese a que os xogos que teñan detrás non destaquen especialmente pola súa orixinalidade ou calidade.

Mario e Sonic fan boa parella se atendemos ás cifras de vendas dos seus xogos

PUBLICIDADE