Sony Ericsson presenta un móbil moi fashion

mércores, 12 de agosto do 2009 Marcus Fernández

Sony Ericsson anunciou que para o último trimestre do ano sairá á venda unha edición especial limitada do seu terminal telefónico de tipo cuncha Jalou, que conta cun exclusivo deseño de Dolce & Gabbana, que destaca moito máis pola súa estética que polas súas prestacións.
Estamos ante un móbil 3G que mide 73 x 45 x 18,2 milímetros e pesa 84 gramos, de xeito que sería bastante transportable. Ten unha pantalla interna de 2 polgadas e outra externa monocromo, cámara de 3,2 Mpíxeles (con gravación de vídeo), sintonizador de radio FM, Bluetooth 2.0, reprodutor multimedia, lectura de tarxetas microSD e un par de características realmente rechamantes: un podómetro e un botón que converte a pantalla nun espello.
O terminal venderase en distintas cores: negro ónice, azul augamariña e ametista profunda. A súa autonomía é de ata 7 horas de conversa (GSM) e ata 350 horas en espera (GMS).

O Jalou busca converterse en todo un accesorio de moda

PUBLICIDADE