Sony Ericsson presenta un novo terminal coa última versión de Windows Mobile

mércores, 3 de febreiro do 2010 Marcus Fernández

O Sony Ericsson Aspen vén de presentarse coma un móbil cun corazón verde (pertence á gama GreenHeart para compañías que buscan móbiles respectuoso con medio ambiente), que destaca por funcionar polo sistema operativo Windows Mobile 6.5.3 co que pódese interactuar tanto co teclado QWERTY integrado coma coa súa pantalla táctil resistiva de 2,4 polgadas e resolución QVGA. Este novo móbil conta con a-GPS, USB, conector para auriculares estándar, Wi-Fi, HSPA, Bluetooth, inclúe unha tarxeta microSD de 4 Gb, cámara de 3,2 Mpíxeles, unhas medidas de 117 x 60 x 12,45 milímetros e un peso de 130 gramos, que finalmente poderemos ver no Mobile World Congress de Barcelona, onde agardamos que desvelen a data de lanzamento e o prezo deste curioso terminal.


Vídeo de presentación do novo móbil de Sony Ericsson

PUBLICIDADE