Sony Ericsson presenta un sistema de mans libres con radio
mércores, 4 de novembro do 2009
O Sony
Ericsson MW600 é un novo mans libres sen fÃos Bluetooth que
sorprende agradablemente ao integrar
unha sintonizadora de radio FM con RDS e unha pantalla OLED. Deste
xeito, os auriculares que serven para falar por teléfono tamén poderán recibir
emisións de radio de xeito autónomo e con alta calidade, dando unha
versatilidade maior ao dispositivo.
O MW600 tamén conta con control táctil, alerta de baterÃa baixa a través do
teléfono, soporte de marcación por voz, son estéreo, información da música
reproducida a través de Bluetooth, cancelación de eco e incluso conector para
auriculares estándar.
Presentación en vÃdeo do novo sistema de mans libres