Sony amosa o seu visor de realidade estendida para un metaverso industrial
martes, 9 de xaneiro do 2024
A proposta
de visor de realidade estendida de nova xeración de Qualcomm parece ter atopado
fabricantes interesados, como Sony e Siemens, que están
a colaborar para crear solucións industriais que tiren proveito da realidade
estendida para que deseñadores e enxeñeiros poidan explorar deseños
conceptuais en contornos inmersivos mediante a combinación do software
industrial de Siemens e o novo sistema de creación de contido espacial de Sony,
que como elemento máis salientable ten un visor con pantallas OLED 4K.
Estas solucións pretenden chegar ao mercado este mesmo ano, e poden lembrar
bastante ás Vision Pro de Apple, pero enfocando os produtos directamente a usos
industriais, onde o seu elevado prezo estarÃa máis xustificado.
O novo visor de Sony ten un deseño bastante curioso, pois incluso pode lembrar
a un casco de PlayStation VR, pero sorprendendo pola posibilidade de separar o visor
da cara sen ter que sacalo da cabeza. Para unha grande precisión fai uso de
controladores fÃsicos con deseños curiosos, pois tanto pode empregarse unha
especie de anel como outro mando que servirÃa máis como punteiro.
Esta tecnoloxÃa estarÃa orientada á creación de contido tridimensional, polo
que haberÃa moitos ámbitos profesionais nos que poderÃa aplicarse, como o
deseño industrial, a arquitectura ou mesmo a creación de videoxogos, que xunto coas posibilidades da computación na nube poderÃan beneficiarse claramente desta proposta de metaverso industrial.
VÃdeo promocional da proposta conxunta de Siemens e Sony