Sony anuncia unidades de memoria con USB e micro USB
xoves, 12 de decembro do 2013
Nun momento no que os datos móbiles principalmente a través
da Internet, os dispositivos de almacenamento fÃsico perden bastante pulo no
mercado da electrónica de consumo, e teñen que reinventarse para conseguir
destacar, o que parece que Sony conseguiu coas súas novas unidades
de memoria USB, que contan non só cun tradicional conector USB 2.0, senón
tamén un micro USB, de xeito que pode conectarse directamente a smartphones e
tablets, o que agradecerán especialmente os usuarios de dispositivos con Android
(ou plataformas móbiles de Microsoft) para poder acceder a vÃdeos e fotografÃas
sen ter que empregar cables adaptadores nin conexións Wi-Fi.
Estas novas unidades de memoria sairán
á venda en xaneiro con tapas de 3 cores distintas (branco, negro e morado)
e en capacidades de 8, 16 e 32 Gb cun prezo de 19,99, 29,99 e 62,99 dólares
respectivamente (14,52, 21,78 e 45,75 euros). Temos asà unha interesante
solución para poder achegar contidos de grande tamaño a dispositivos móbiles
sen precisar de que conten con moito espazo libre na súa habitualmente reducida
memoria interna.
- As novas unidades de memoria poden empregarse no ordenador e en dispositivos móbiles