Sony aposta por unha grande presenza de graves nos seus novos altofalantes e auriculares
venres, 12 de abril do 2024
Sony anunciou o lanzamento dunha gama de produtos ULT Power Sound, altofalantes e auriculares sen fÃos que deseñados para transmitir unha experiencia musical máis profunda e potente, que destaca pola incorporación dun botón ULT que permite alternar entre dous modos de graves diferentes. Estes dispositivos chegarán ao mercado este mesmo mes.
O produto máis potente serÃa o altofalante ULT Tower 10, que como vén indica o seu nome, ten formato de torre, ofrecendo modos de 360 graos orientados a festas, coa posibilidade de enlazarse con até 100 altofalantes compatibles. Tamén inclúe un micrófono sen fÃos para facer karaoke, contando tamén coa posibilidade de conectar outro micrófono para duetos ou incluso unha guitarra para acompañar. Tamén ten unha funcionalidade para mellorar o son dun televisor. O seu prezo de venda será duns 1.200 euros.
Máis modesto e compacto serÃa o altofalante ULT Field 7, que permite levar a festa a calquera parte grazas á súa resistencia ao po e á auga, asà como a súa baterÃa de longa duración (até 30 horas) e ás súas asas de transporte. Pode funcionar tanto en vertical como en horizontal, ten tamén entrada para micrófono e guitarra e pode emparellarse con até 100 altofalantes compatibles. O seu prezo de venda será duns 450 euros.
Para os que busquen unha portabilidade máis persoal estarÃa o ULT Field 1, un altofalante portátil e compacto, resistente ao po, á auga e a golpes, cunha baterÃa de até 12 horas de duración, correa para facilitar o seu transforme e unha ampla gama de cores para adaptarse ao estilo do seu usuario. Venderase a uns 140 euros.
Pero o máis rechamante destes produtos, por integrarse nesta familia pese a ter un formato moi diferente, serÃan os auriculares ULT Wear, que prometen transmitir as sensacións de festivas musicais e salas de festas. Integran un procesador V1, asà como o procesador habitual na serie de auriculares 1000X de Sony, asà como unha unidade de diafragma deseñada para a serie ULT Power Sound que é a que promete graves de grande resonancia e matices nÃtidos. Tamén incorporan cancelación de ruÃdo, detectan cando os levas postos e poden emparellarse con 2 dispositivos á vez. O seu prezo será duns 200 euros.