Sony comercializará un mini-teclado para a PS3

mércores, 20 de agosto do 2008 Marcus Fernández

Sony vai seguir os pasos de Microsoft e emula o Xbox 360 Messenger Kit para a súa PS3 cun Wireless Keypad, que se pode conectar ao mando Sixaxis (ou ao DualShock 3) facilitando a introdución de texto, especialmente cando se intercambien mensaxes cos amigos a través da PlayStation Network, lanzamento que chegará ante a inminencia de PlayStation Home, o Second Life de Sony, que facilitará a comunicación entre usuarios da PS3.
Coma detalle orixinal o Wireless Keypad contará cun modo de uso que o converte nunha especie de touch pad, de xeito que pasando os dedos sobre as teclas podemos controlar o cursor en pantalla.
Este accesorio para a PS3 aínda non ten un prezo fixado, e o seu lanzamento se estima para finais de novembro.

PUBLICIDADE