Sony estrea ordenadores VAIO Serie L con pantallas de 15,4 polgadas

mércores, 21 de maio do 2008 Marcus Fernández

Sony comeza a comercializar en Corea do Sur o seu equipo VGC-LJ25L, que sorprende por estar a medio camiño entre un sobremesa e un portátil (lembrando con certa distancia aos iMac de Apple) e que neste caso se trata dun equipo que trala súa pantalla TFT de 15,4 polgadas e unha resolución de 1.280 x 800 píxeles agocha un ordenador cun procesador Intel Core 2 Duo T8100 a 2,10 GHz, 2 GB de RAM, 200 Gb de disco duro, gravadora de DVD, Wi-Fi e soporte de Direct Sound 3D (tamén integra altofalantes).
Tamén conta cun pequeno teclado pregable, aínda que o máis destacable deste equipo é a súa aparencia, pois semella máis un elemento decorativo que un ordenador, resultando tamén axeitado para o consumo audiovisual. O seu prezo de venda é de 1.399.000 wons (852,67euros), aínda que en España a Serie L de Sony se limita a equipos de maiores prestacións e con pantallas de 19 e 22 polgadas (HD Ready) nos modelos superiores inclúen lector de Blu-ray. Os seus prezos de venda están entre os 1.400 e os 1.800 euros.

PUBLICIDADE