Sony lanzará unha unidade externa de Blu-ray por menos de 200 dólares

luns, 7 de xaneiro do 2008 Marcus Fernández

Os usuarios que desexen achegar o vídeo de alta definición ós seus equipos informáticos o terán máis doado grazas á baixada de prezo das unides de lectura de discos HD DVD e Blu-ray, e para estes últimos Sony anunciou que a súa unidade externa BDU-X10S custará menos de 200 dólares, incluíndo o software PowerDVD BD Edition de CyberLink, que permite a reprodución de discos comerciais neste soporte (así coma contidos en DVD e CD).
Con este novo dispositivo o Blu-ray xa podería achegarse ó PC e non limitarse á súa presenza na consola PS3 (pois os reprodutores domésticos apenas están presentes no mercado), resultando especialmente atractivo para usuarios que empreguen un ordenador coma Media Center para tirar proveito dun televisor compatible coa televisión de alta definición.

PUBLICIDADE