Sony pon á venda unha pantalla que permite ver en 3D sen lentes
venres, 16 de outubro do 2020
Coa vista posta nos creadores Sony pon á venda a súa nova Spatial
Reality Display, unha pantalla que fai uso da tecnoloxÃa ELFD de Sony que
permite que os profesionais do deseño, os efectos visuais ou de calquera outra
ámbito da creación tridimensional poidan ver os seus deseños coma se fosen
reais sen ter que empregar cascos de realidade virtual ou lentes 3D.
Esta pantalla ofrece unha experiencia de visualización 3D sen lentes especiais,
para o que conta cun sensor de visión que segue os ollos do usuario para
reaccionar á súa posición no espazo para asà xerar unha imaxe que permita percibir
un contorno tridimensional realista dende calquera ángulo.
Esta pantalla de 15,6 polgadas é compatible con ferramentas estándar como Unity
e Unreal Engine, de xeito que resulta doado o seu aproveitamento para xogos,
realidade virtual ou para traballos de deseño industrial. A previsualización dos
modelos 3D nunha pantalla deste tipo pode axilizar extraordinariamente os
fluxos de traballo, deixando claro o seu prezo de 4.999,99 dólares que estamos
ante un produto para un mercado profesional que realmente poidan sacar
rendemento dun hardware tan revolucionario.
A Spatial Reality Display ten unha resolución de 3.840 x 2.160 pÃxeles, un
brillo de 500 nits e a unha distancia de entre 30 e 75 centÃmetros permite
ángulos de visión de 25 graos laterais, 20 graos cara arriba e 40 graos cara
abaixo.
VÃdeo promocional da nova pantalla de Sony