Sony presenta un dispositivo para engadir Carplay ou Android Auto ao noso vehÃculo
luns, 12 de agosto do 2019
Sony confirmou estes dÃas que ten previsto pór á venda en
decembro un receptor multimedia o receptor multimedia para o automóbil XAV-AX8000,
que sorprende pola súa xenerosa pantalla de 8,95 polgadas, e que venderase
a un prezo recomendado de 599,99 dólares.
O receptor
multimedia XAV-AX8000 é unha grande solución para poder modernizar
automóbiles que carecen dun sistema de conexión co smartphone (para o que é
precisa unha sinxela instalación, semellante á de colocar un novo receptor de
radio ou reprodutor de CD), xa que este dispositivo é compatible con Apple
Carplay e Android Auto, facilitando asà que podamos estender a pantalla dun
iPhone ou dun móbil con Android á pantalla do noso vehÃculo, para asà gozar de
contidos multimedia e aplicacións de navegación dun xeito cómodo e adaptado a
un uso durante a condución (de feito, o sistema pode controlarse por voz, de
xeito que podemos atender ou realizar chamadas, buscar nos mapas, ditar
mensaxes ou manexar a nosa música falando).
Este dispositivo integra un amplificador de 4 canles que entrega un son claro e
potente, conta con opcións de ecualización para poder optimizar a reprodución
sonora ao noso vehÃculo, ten un sistema de acendido rápido e incluso é
compatible con sistemas de cámara traseira (ou sexa, que a pantalla pode
empregarse para visualizar as imaxes dunha cámara traseira, que activarase
cando introduzamos a marcha atrás.
- O novo receptor tamén permite levar na pantalla do vehÃculo as aplicacións compatibles con WebLink