Sony presenta un monitor con velocidade de refresco de 240 Hz
martes, 3 de xaneiro do 2023
Para os xogadores moi esixentes Sony vende dende o pasado
verán o seu monitor
Inzone M9, que conta cun panel IPS 4K de 27 polgadas cunha velocidade de
refresco de 144 Hz, pero cun prezo extraordinariamente elevado (1.099 euros), para
o que agora preséntase un irmán pequeno, o monitor
Inzone M3, que reduce o seu prezo até os 699 euros, o que supón reducir a
súa resolución até Full HD pero, en contraste, mellora a súa velocidade de
refresco até uns impresionantes 240 Hz.
Este monitor, coa súa frecuencia de actualización de 240 Hz, frecuencia de actualización
variable de 1 milisegundo GtG e compatibilidade con nVIDIA G-SYNC e VRR,
promete unha grande rapidez e precisión para os xogos, ofrecendo tamén unha
grande calidade de imaxe con máis dun 99% de cobertura do espectro de cor sRGB
e certificación DisplayHDR 400. Incluso está optimizado para o seu uso con
consolas PlayStation 5, tirando proveito de funcións especÃficas como Auto HDR
Tone Mapping e Auto Genre Picture Mode.
Para usuarios de PC tamén é salientable que este monitor integre un conmutador
KVM automático, ou sexa, que pode conectárselle un teclado e un rato e dous ordenadores,
de xeito que os equipos poden compartir monitor e alternarse entre ambos sen
ter que cambiar ningún cable, buscando asà que os usuarios poidan alternar
entre o equipo de traballo e o equipo para xogar.
Para completar este completo monitor temos que a súa altura e inclinación poden
axustarse grazas á súa orixinal peaña, que tamén facilitan a ordenación dos
cables para manter o escritorio despexado.
VÃdeo promocional do monitor Sony Inzone M3