Sony presenta un receptor de radio que pode cargar o móbil mediante manivela
martes, 18 de xuño do 2013
Para aventureiros e persoas que queiran cargar a baterÃa do
seu móbil en practicamente calquera lugar, Sony porá á venda o 20 de xuño un
curioso receptor
de radio FM/AM que integra unha lanterna e unha manivela, de xeito que pode
funcionar con enerxÃa mecánica, aproveitándoa para alimentarse e para poder
cargar dispositivos que lle conectemos por USB.
Este dispositivo chegará ao mercado en 2 modelos distintos: o ICF-B08, que conta cunha
carcasa de cor prata, é resistente a salpicaduras, integra unha baterÃa recargable
de 700 mAh (aÃnda que tamén pode funcionar cunha toma de corrente continua de 3
voltios) e terá un prezo de 7.000 iens (54,79 euros); e o ICF-B88, dispoñible con carcasas
de cor branca ou laranxa, cunha baterÃa recargable de 900 mAh (podendo
funcionar tamén con dúas baterÃas AA), un panel solar para mellorar a súa versatilidade
e un prezo de 8.000 iens (62,62 euros).
- O novo receptor de radio de Sony pode cargar a súa baterÃa (e dispositivos USB) valéndose dunha manivela