Sony presenta un sistema de auriculares para escoitar música por Bluetooth

martes, 14 de maio do 2013 Marcus Fernández

Sony, ao anunciar onte o XPERIA ZR, incorporou ao seu catálogo un novo produto, o sistema de auriculares Bluetooth SBH50, composto por un completo receptor de audio sen fíos mediante Bluetooth 3.0, que tira proveito da tecnoloxía NFC para emparellarse cos dispositivos cos que quere traballar (podendo enlazar con 2 á vez) e que resulta moi práctico para os que quere aproveitar este tipo de tecnoloxía principalmente para escoitar música, pois conta con numerosas teclas de control (anterior, seguinte, reproducir/pausar, menú, acender e responder/colgar unha chamada telefónica), unha pantalla OLED de 128 x 36 píxeles e incluso un receptor de radio FM con RDS.
Un detalle importante deste pequeno trebello (de 58 x 24 x 8 milímetros e un peso de 16,8 gramos) con forma de pinza é que conta cun conector de auriculares estándar de 3,5 milímetros, de xeito que pode empregarse tanto cos auriculares incluídos coma cos nosos auriculares preferidos. Ofrécese en branco ou negro, e a súa batería recargable por micro USB ten unha capacidade de 115 mAh, o que permítelle funcionar unhas 400 horas en espera e 8 horas en uso (para voz ou música). Chegará ao mercado en breve, descoñecéndose polo momento o seu prezo de venda ao público.

O receptor Bluetooth conta con botóns para facilitar o control multimedia


Vídeo de presentación do novo Sony SBH50

PUBLICIDADE