Sony presenta un televisor para o cuarto de baño
martes, 2 de setembro do 2008
O ultimo televisor
Sony Bravia non está pensado para ocupar o centro do noso salón, senón que se
trata dunha pequena pantalla de 4 polgadas cunha resolución de 480 x 270
pÃxeles, sintonizador de radio FM/AM, 2 Gb de memoria interna (para gravar ata
10 hora de televisión) e unha baterÃa que lle dá unha autonomÃa de ata 23
horas, destacando especialmente polo detalle de poder soportar ata 30 minutos
somerxida a 1 metro de profundidade, polo que serÃa un dispositivo
ideal para o seu uso en ambientes húmedos coma os cuartos de baño.
Este orixinal televisor, o Bravia
XDV-W600, vai comezar a venderse o vindeiro 30 de outubro no Xapón
por 39.800 iens (uns 250,74 euros) aÃnda que hai que destacar que non funciona
co sinal televisivo normal, senón coa TDT móbil nipona, polo que non
funcionarÃa en Europa, pero poderÃa servir de inspiración para futuros dispositivos
que fagan uso do estándar DVB-H.