Sony renova os seus equipos todo-en-un VAIO L

martes, 22 de febreiro do 2011 Marcus Fernández

A familia de ordenadores todo-en-un de Sony, VAIO L, renóvase coma uns equipos elegantes para o consumo multimedia no fogar, ideais para situar en calquera lugar do domicilio. Estes equipos teñen unha pantalla multi-táctil LED Full HD de 24 polgadas, cámara web de alta definición Exmor para poder realizar videochats de alta calidade e con lector de Blu-ray nos seus modelos máis avanzados, completando un ordenador realmente completo e versátil.
Os ordenadores Sony VAIO L funcionan con procesadores Intel Core i5/i7, gráficas nVIDIA con soporte de DirectX 11, conectividade de alta velocidade (Wi-Fi N, Bluetooth 3.0 e USB 3.0) e, no caso concreto do modelo VPCL21S1E/B, 8 Gb de RAM, 1 Tb de disco duro SATA, saída e entrada HDMI e o sistema operativo Windows 7 Home Premium de 64 bits. A súa chegada ao mercado será a finais do mes de marzo.

A elegancia ds Sony VAIO L fainos ideais para colocar en case calquera curruncho do fogar

PUBLICIDADE