Sony segue apostando polo formato cinematográfico na pantalla e na cámara dos seus smartphones de alta gama
luns, 24 de febreiro do 2020
O ano pasado, no marco do Mobile World Congress, Sony
presentou o seu smartphone Xperia 1, que sorprendÃa cunha pantalla OLED ultrapanorámica
e unha configuración de cámaras orientada á gravación de vÃdeo en formato
cinematográfico. Pero o
Sony Xperia 1 non chegou a España até o pasado mes de xuño a un prezo de 949
euros con 128 GB de almacenamento interno, prezo esaxerado para as súas
especificacións, de aà que o terminal fose irrelevante a nivel de vendas, o que
non impediu á compañÃa nipoa recuncar co Sony
Xperia 1 II, un novo smartphone que avanza na mesma dirección, incorporando
agora un procesador Qualcomm Snapdragon 865 5G e unha baterÃa de 4.000 mAh con
carga rápida (tamén sen fÃos), o que supón unha importante actualización.
O Sony Xperia 1 II presume dunha pantalla ultrapanorámica OLED de 6,5 polgadas
con resolución 4K e HDR e dunhas cámaras deseñadas coa axuda dos enxeñeiros das
cámaras Sony Alpha 9 e con obxectivos ZEISS (conta con 3 sensores de 12
MpÃxeles con distintas distancias focais e cun sensor de profundidade), volve
apostar pola gravación de vÃdeo en formato 21:9 con calidade profesional grazas
á tecnoloxÃa CineAlta (pode gravar en 4K a 24/25/30/60 imaxes por segundo ou a
2K a 120 imaxes por segundo), aposta por un son de calidade (con altofalantes
estéreo, conector de 3,5 milÃmetros e compatibilidade con son sen fÃos de alta
resolución e 360 Reality Audio) e, como vén sendo habitual, resistencia á auga
e cristal Corning Gorilla Glass 6 por ambas caras.
Entre os detalles que Sony destaca deste novo smartphone está que pode disparar
refoladas de 20 fotografÃas por segundo aproveitando un sistema de enfoque e
exposición automáticos que realizan os seus cálculos 60 veces por segundo, rivalizando
co sistema de enfoque automático continuo das cámaras Sony Alpha.
O móbil chegará ao mercado con 8 Gb de RAM e 256 GB de almacenamento (ampliable
mediante tarxetas de até 1 TB), 5G, Wi-Fi 6, Bluetooth 5.1, NFC e dobre SIM,
aÃnda que non o vermos nas tendas até primavera a un prezo que previsiblemente
será moi elevado, polo que é de esperar que teña a mesma resposta que o seu
modelo anterior.
VÃdeo no que podemos ver o novo Xperia 1 II