Sony traerá a Europa o seu Google TV en setembro
luns, 2 de abril do 2012
- Un dos dispositivos Google TV que traerá Sony será un set-top-box que custará uns 200 euros
Os produtos Google TV de Sony poderÃan
chegar a España, Reino Unido, Alemaña e Francia o vindeiro mes de setembro
segundo recolle Les Echos, comezando por un receptor básico que custarÃa
uns 200 euros e un reprodutor de Blu-ray por uns 300 euros. Polo momento dende
Sony optan por esta tecnoloxÃa fóra do televisor porque consideran que a xente
renova as súas pantallas con pouca frecuencia, de aà que non vexan atinado
pedir aos consumidores que compren un novo televisor para gozar dos novos
servizos en liña que ofrecen compañÃas como Google (que ten aà unha fiestra a
Google Play, a YouTube e mesmo a servizos de Sony como Music Unlimited).
Inicialmente os produtos Google TV foron un fracaso por non ser quen de pechar
acordos coa meirande parte de canles de televisión, que temÃan perder o control
dos contidos, e a chegada desta plataforma a Europa poderÃa ser unha
interesante proba de concepto.
- Como sistema de control parece estar a estandarizarse os mandos reversibles, que por unha parte presentan un teclado QWERTY
- Sony tamén integrará Google TV nun reprodutor de Blu-ray