Spider-Man 2099 sairá no xogo Spider-Man: Shattered Dimensions

venres, 4 de xuño do 2010 Marcus Fernández

Activision e Marvel están a traballar no videoxogo Spider-Man: Shattered Dimensions, que pretende revolucionar a franquía do trepamuros presentando o personaxe en 4 universos paralelos onde aparece con importantes cambios tanto na súa historia como na súa imaxe, e dos que inicialmente anunciaran só 2 (o The Amazing Spider-Man, ou sexa, o personaxe tradicional, e o Spider-Man Noir, unha versión escura e violenta ambientada en 1933). Agora desvelan a terceira dimensión do personaxe creado por Stan Lee e Steve Ditko, e non será outra que Spider-Man 2099, unha versión futurista do home araña na que un científico chamado Miguel O’Hara recibe poderes sobrehumanos tras un accidente, o que serve de mecha para unha historia do xénero cyberpunk editada en España en 1994-95. Esta caracterización do home araña tamén apareceu en distintos videoxogos coma traxes desbloqueables (nos primeiros xogos de Spider-Man desenvolvidos por Activision para Dreamcast e Nintendo 64 ou no recente Web of Shadows na súa versión de Wii) e incluso coma personaxe seleccionable (en Super Hero Squad).

Activision publicou 4 imaxes de Spider-Man 2099 no novo xogo que están a desenvolver

PUBLICIDADE