Spider-Man recibe a súa derradeira expansión

venres, 21 de decembro do 2018 Marcus Fernández

En setembro chegou a PlayStation 4 de xeito exclusivo o xogo Marvel’s Spider-Man, para recibir en outubro o seu primeiro capítulo descargable, e este ritmo de actualizacións mantívose até agora, cando ve a luz Silver Lining, o terceiro capítulo de La ciudad que nunca duerme, a ampliación da historia do xogo, de xeito que podemos considerar que o xogo xa está completo, polo que en poucas semanas de seguro que veremos unha edición Xogo do Ano con todos os contidos descargable incluídos.
Neste último capítulo que serve de desenlace temos a incorporación á historia de Silver Sable, quen unirá forzas con Spider-Man para recuperar o equipo e as armas de Sable International que caeron en mans da mafia. O DLC tamén inclúe tres traxes entre os que destaca o que loce Peter Parker no filme Spider-Man: Un nuevo universo.
Pero non só os que merquen os contidos descargables reciben novidades, senón que a actualización 1.13 do xogo tamén engade un novo traxe que moitos usuarios estaban a esperar: o Webbed Suit. Trátase do uniforme de Spider-Man empregado no filme do personaxe de 2002.

O DLC inclúe o traxe de Spider-Man: Un nuevo universo
Pese ás diferenzas entre Spider-Man e Silver Sable, nesta historia coincidirán os seus obxectivos
O DLC de Silver Lining inclúe 3 novos uniformes para Spider-Man

Tráiler da derradeira expansión para Marvel’s Spider-Man

PUBLICIDADE