Splinter Cell: Conviction terá modo cooperativo a pantalla partida

martes, 12 de xaneiro do 2010 Marcus Fernández

Hai uns meses anunciouse que o xogo Splinter Cell: Conviction, que a finais de febreiro sairá para Xbox 360 e PC,contaría cun modo cooperativo consistente nunha precuela da historia principal formada por unha campaña dunhas 5 ou 6 horas nas que 2 axentes especiais (un americano e outro ruso) deben colaborar para recuperar unhas cabezas nucleares roubadas antes de que as vendan no mercado negro. Este tipo de modos de xogo habitualmente son moi divertidos, e dábase a entender de que esta funcionalidade estaba destinada ao xogo en liña, pero Ubisoft publicou en Facebook unha captura de pantalla do videoxogo no que pode verse que o modo cooperativo tamén estará dispoñible en local facendo uso da pantalla partida, o que agradecerán enormemente os que gusten con xogar cos amigos fronte ao mesmo televisor.


Trailer do modo cooperativo de Splinter Cell: Conviction

PUBLICIDADE