Sports Champions 2 devolve o deporte con control de movemento á PS3
mércores, 31 de outubro do 2012
- O esquà é un dos deportes presentes no novo xogo para PS3
Birlos, golf, tiro con arco, esquà e boxeo serán os deportes
que dende
hoxe achega o xogo Sports Champions 2
para PlayStation 3, que facendo uso dos mando PlayStation Move permite unha
experiencia interactiva moi completa, levando a práctica deportiva ao salón da
nosa casa co éxito que xa conseguiu a súa primeira entrega.
O xogo permitirá empregar o control de movemento para superar grandes logros
deportivos e contará coa posibilidade de crear competicións personalizadas para
xogar con ata 4 amigos.
- En Sports Champions 2 poderemos competir en tiro con arco
O seu prezo de venda solto é de 39,99 euros, podendo
adquirirse tamén co mando PS Move e a cámara PS Eye por 79,99 euros (o que é un
prezo excelente se tempos en conta que estes accesorios solto xa custan 69,99
euros).
Os usuarios que queiran gozar das bondades de PS Move e aÃnda non teñan a PS3
poden adquirir un lote que inclúe a consola doméstica de Sony (no seu modelo
con 500 Gb de capacidade interna) co sistema de control de movemento por 319,99
euros, prezo que poderÃa animar a moitos a lanzarse a este experiencia no
Nadal.
Trailer de Sports Champions 2 para PS3
- O xogo estará dispoñible nun lote coa PS3 e noutro con PS Move