Spyro Reignited Trilogy chega a Game Pass

luns, 11 de novembro do 2024 Marcus Fernández

Os subscritores de Game Pass están a recibir unha agradable sorpresa no seu catálogo de xogos dispoñibles en consola, PC e nube: Spyro Reignited Trilogy.
Falamos dunha triloxía de xogos publicada en 2018, que tivo unha magnífica acollida por parte do público, e que inclúe os xogos Spyro the Dragon, Spyro 2: Ripto’s Rage! e Spyro: Year of the Dragon.
Estamos ante unha triloxía coas entregas orixinal desta franquía (publicadas entre os anos 1998 e 2000), polo que gozan de grande cariño por parte dos seareiros de Spyro, personaxe que tivo despois numerosos xogos para consolas portátiles e incluso unha nova triloxía chamada The Legend of Spyro, considerada como un reboot, e cunha recepción por parte dos xogadores bastante peor que a da triloxía orixinal.