Stadia chega aos televisores de LG
xoves, 9 de decembro do 2021
O mes pasado os televisores máis avanzados de LG estrearon
a posibilidade de gozar do xogo na nube a través do servizo nVIDIA GeForce Now,
e agora dan un paso máis nesta mesma dirección anunciando que os
Smart TV de LG que funcionen con webOS 5.0 e webOS 6.0 en 22 paÃses (estre os
que figura España) poderán gozar directamente do servizo de xogo na nube de
Google, Stadia.
O servizo de Google está dispoñible a través da correspondente aplicación que pode
descargase da LG Content Store, e permite gozar de máis dun par de centos de
videoxogos (entre os que figuran grandes tÃtulos como Cyberpunk 2077, Resident
Evil Village, Assassin’s Creed: Valhalla ou Hitman 3) que
poden gozarse até en 4K con HDR e até 60 imaxes por segundo sen ter que
adquirir unha consola de videoxogos.
Deste xeito, os posuidores dun televisor recente de LG simplemente terÃan que
instalar a aplicación de Stadia e emparellar un mando co seu televisor para
poder gozar de grandes xogos a través da nube, conseguindo asà que vexamos dun
xeito cada vez máis claro os xogos como un servizo en vez de como un produto.