Star Trek Online estrea modalidade de xogo de balde
martes, 17 de xaneiro do 2012
- En Star Trek Online podemos ver a multitude de especies da franquÃa creada por Gene Roddenberry
No pasado outono, tras a adquicisión de Crystic Studios por
parte de Perfect World, anunciouse que o xogo masivo multiusuario Star Trek Online mudarÃa o seu
negocio para converterse en free-to-play,
ou sexa, que calquera poderá descargar de balde o tÃtulo, coa posibilidade de
empregar cartos de verdade para a adquisición de bens ou desbloquear certos
contidos. Finalmente hoxe é o dÃa deste cambio de rumbo, de xeito que o xogo
que leva preto de 2 anos funcionando sen chegar a unha masa crÃtica que permita
a súa viabilidade a longo prazo.
Agora xa podemos descargar de
balde Star Trek Online e rexistrarnos no xogo
para poder gozar do mesmo sen pasar por caixa, para participar no vasto
universo que naceu da imaxinación de Gene Roddenberry, no que multitude de
especies con forma humana están espalladas en numerosas naves espaciais e
planetas.
- Os inimigos da Federación tamén ameazarán a nosa supervivencia en Star Trek Online
Podemos encarnar dende a un capitán dunha nave da Federación de
Planetas Unidos (que visitará moitas localizacións que resultarán familiares
para os seareiros das distintas series de televisión da franquÃa) ata un señor
da guerra Klingon (que buscará a ampliación do Imperio pola galaxia), sendo
totalmente personalizables estes personaxes, para reflectir o estilo de cada
xogador (permitindo incluso crear novas especies para poder vivir a nosa propia
historia).
Star Trek Online pode xogarse de
balde ou pagando 14,99 dólares/mes, existindo limitacións para os primeiros,
que aparecen detalladas
nunha táboa que figura na súa páxina web.
O xogo precisa para funcionar un equipo con sistema operativo a partir de
Windows XP SP2, procesador a partir dun Intel de dobre núcleo a 1,8 GHz ou dun
AMD Athlon X2 + 3800, gráfica igual ou superior a unha ATI Radeon X1800 ou unha
nVIDIA GeForce 79500, DirectX 9.0c ou superior, 10 Gb de disco duro libre e
conexión á Rede.
Novo vÃdeo de introdución de Star Trek Online
- Os enfrontamentos non terán lugar só no espazo, senón tamén nos planetas que visitemos
- No xogo podemos rememorar as viaxes da nave estelar USS Enterprise