Star Wars: The Old Republic pasa a ser de balde ata nivel 15
mércores, 11 de xullo do 2012
Dende esta semana o xogo Star
Wars: The Old Republic estrea a súa fase de proba de balde, de xeito que
quen desexe botar un ollo a este interesante xogo masivo en rede poderá facelo
elixindo calquera das 8 clases de personaxe dispoñibles, explorando o mundo de
orixe da mesma (e unha parte do Mundo Capital), enfrontarse a outros xogadores
e incluso unirse a outros usuarios en aventuras épicas. O xogo xa contará con
etapas de proba semellantes no pasado durante breves perÃodos de tempo, pero
agora a principal limitación será que os personaxes non poderán
superar o nivel 15, polo que os usuarios que queiran prosperar no xogo si
deberán pagar cotas (por exemplo, por
26,99 euros pódese adquirir un código de prepagamento de 60 dÃas).
Esta estratexia de permitir que os usuarios non teñan que mercar o xogo
inicialmente en tendas fÃsicas e poidan experimentalo durante o tempo suficiente
como para comprobar se cumpre coas súas expectativas está a ser moi popular
entre os xogos deste tipo, e o propio World
of Warcraft segue esa mesma pauta.
- O xogo permite descubrir as súas moitas posibilidades sen realizar ningún pagamento inicial