Star Wars: The Old Republic supera o millón de usuarios rexistrados

luns, 26 de decembro do 2011 Marcus Fernández

A pouco máis dunha semana do lanzamento do xogo para PC Star Wars: The Old Republic, título masivo multixogador en liña de BioWare, Electronic Arts e LucasArts, parece que o título que aspira a converterse no principal competidor de World of Warcraft (tras o fracaso de xogos baseados en franquías como Conan e Warhammer) está a comezar con bo pé, xa que superou o millón de usuarios subscritos, converténdose no xogo deste xénero que máis rápido acadou este volume.
Concretamente falan duns 510.000 usuarios inscritos como cabaleiros Jedi e duns 550.000 guerreiros Sith, que xogaron en total máis de 28 millón de horas, botando cada xogador unha media de 5 horas por sesión de xogo.
É de esperar que o xogo mellore os seus resultados unha vez que solucione certos problemas coa saturación dos seus servidores que nalgún caso provoca longas colas de espera para poder comezar a xogar.


O lanzamento do xogo celebrouse en Times Square (New York) dun xeito moi especial

A forza da franquía de Star Wars pode facer que The Old Republic</Em> sexa o primeiro xogo en poder facer fronte a World of Warcraft

PUBLICIDADE