Star Wars: The Old Republic xa é Free-to-Play
venres, 16 de novembro do 2012
Os xogos masivos en liña de subscrición están en constante
crise ao non ser capaces de manterse a longo prazo coa honrosa excepción de World of Warcraft, e o prometedor Star Wars:
The Old Republic, que chegou con moitas bazas de poder captar a un
público fiel, tivo que dar o brazo a torcer, e dende as últimas horas prescinde
dos pagamentos mensuais para converterse nun
xogo Free-to-Play, para asà poder
amasar unha boa base de usuarios, incrementando a posibilidade de acadar
ingresos mediante micropagamentos.
O xogo desenvolvido por BioWare pode agora xogarse de balde de xeito completo,
estando dispoñibles libremente as súas 8 clases ata o nivel 50, aÃnda que esta
fórmula compleméntase con distintas ofertas de pagamento que principalmente
están baseadas nunha moeda virtual (Cartel Coins) que permite mercar
accesorios, potenciadores e incluso meros elementos decorativos para
personalizar os nosos personaxes. Tamén é posible adquirir un estado preferente
que inclúe a habilidade de correr máis rápido, ter maior prioridade para entrar
no xogo e outras vantaxes.
Os usuarios que ata o momento pagasen polo xogo e teñan subscricións en vigor recibirán Cartel Coins proporcionais ao seu
compromiso do xogo en concepto de compensación.
VÃdeo sobre o novo modo Free-to-Play