Starck dota dun excepcional deseño a un disco duro de LaCie
luns, 7 de xaneiro do 2013
Fabricantes como LaCie buscan que a tecnoloxÃa e o deseño
non estean rifados, e en numerosas ocasións teñen colaborado co deseñador e
creador Philippe Starck para os seus produtos, sendo o último produto en gozar
de tal tratamento o disco duro LaCie
Blade Runner, que chega cun interior metálico antropomorfo cunha carcasa
angular que parece unha gaiola e do que só se producirán 9.999 unidades, que
posiblemente atoparán comprador bastante rápido, por conseguir dotar de
elegancia a un dispositivo con boas prestacións e un prezo relativamente
axustado, pois este dispositivo con conectividade USB 3.0 e 4 Tbytes de
capacidade véndese por 239,99 euros.
A protección de aluminio dota ao LaCie Blade Runner dunha boa protección do
sobrequecemento, polo que resulta bastante fiable; mide 141 x 193 x 73 milÃmetros,
pesa 2 quilos, inclúe o software de protección con contrasinal e para a
realización de copias automáticas, conta cun modo de aforro de enerxÃa para
cando está fóra de uso e é compatible con Time Machine.
- O LaCie Blade Runner tan unha aparencia moi orixinal