Stealth leva os procesadore Intel Core i7 aos seus mini-ordenadores

luns, 11 de abril do 2011 Marcus Fernández

O fabricante de ordenadores de tamaño compacto Stealth leva un paso adiante os seus equipos mantendo o seu formato compacto sen prescindir de potencia, de xeito que o seu LPC-670 pode adquirirse agora con procesadores Intel Core i5-520M, i5-580M ou i7-620M, ata 8 Gb de RAM, DVD ou gravador de Blu-ray, ata 720 Gb de disco duro (ou 128 Gb de SSD), Wi-Fi, gigabit Ethernet, HDMI e DVI.
Este equipo mide 166 x 157 x 48 milímetros, pesa 1,5 quilos, ten un consumo reducido, produce pouco ruído, ten unha carcasa resistente, é compatible con Windows 7,Windows XP e Ubuntu, e o seu prezo parte de 1.650 dólares (1.143,45 euros) e pode superar os 4.000 dólares nas súas configuracións máis elevadas.

Pese a un tamaño reducido, o Stealth LPC-670 ten unha boa conectividade

PUBLICIDADE